Na comarca de Ferrolterra, un grupo de intrépidos rapaces, devorados polo tedio vital producido pola televisión, a comarca e o panorama musical da súa cidade, conxúranse para buscar unha solución radical o problema, afán que concretarán en deseñar e enviar unha nave que situará máis alá da estratosfera un satélite tripulado, dende o que emitirán para todo o planeta un programa de TV pirata dende o que berrar o coñazo que era vivir en Ferrol naquela época...